Contacto
MIKA VÄYRYNEN
Domingo 7 de marzo ás 20:00 h. Igrexa de Santa Eufemia A Real do Centro
-Entrada gratuíta-
Biografía e programa

O finlandés Mika Väyrynen é un dos máis coñecidos e respectados acordeonistas do mundo. Desde o seu debut como concertista aos dezasete anos, ofreceu recitais na maior parte de Europa, Xapón, Estados Unidos e China. Acompañado de orquestras, destacan os concertos que celebrou con importantes orquestras de Finlandia, coa Orquestra Filharmónica de Estonia, coa Orquestra de Cámara de Tallin e coa Filharmónica de Copenhaguen. Tamén é coñecido como bandoneonista e polos seus grupos de cámara con bandoneón Tango for Four e La Camorra.
No ano 2000 tivo o honor de tocar na recepción do Día da Independencia de Finlandia perante o Presidente, acontecemento que foi retransmitido en directo para todo o país.
En novembro de 2007, ofreceu un impresionante recital nunha das salas máis importantes do mundo, a Musikverein’s Golden Hall de Viena, ateigada de espectadores, onde marcou o fito histórico de ser o primeiro acordeonista que actuou nela nos seus máis de 100 anos de historia. A súa carreira discográfica empeza en 1990 e alcanza xa os vinte CD, que inclúen repertorio solista, concertos e música de cámara para prestixiosas compañías discográficas como a Finland/Warner Japan, JVC Victor Japan, Naxos, Alba, CPO e Fine.
Mika Väyrynen estudou na Sibelius Academy de Helsinki, onde se doutorou en 1997 e onde foi profesor, e en París co mestre Max Bonnay. Dá regularmente conferencias e cursos nos países nórdicos, Austria, España, Francia (Conservatoire National Supérieur de Musique de Paris)e Inglaterra (Royal Academy of Music de Londres).
Programa
Parte I (35 min)
Chacona en Re menor / Johann Sebastian Bach (1685-1750)*
Les Rozeaux / François Couperin (1668-1733)
Sonata Ultra (adicada a Mika Väyrynen) / Paavo Korpijaakko (1977)
Allegro con fouco
Lento
Presto
* arr. Busoni–Väyrynen
Parte II (35 min)
De On An Overgrown Path (Serie 1) / Leos Janácek (1854-1928)
Our evenings
A blown away leaf
Catro preludios da colección op.11 / Alexander Scriabin (1872-1915)
By the fire / Ilmari Hannikainen (1892-1955)
An old fairy-tale
Impasse / Franck Angelis (1962)
Allegro Ritmico
Andante Doloroso
Adagio Sostenuto
Vivace Finale

Presentación 