FLORILEGIUM,
DAME EMMA KIRBY e ROBIN BLAZE

Venres 5 de marzo ás 20:30 h. Catedral de Ourense

-Entrada gratuíta-

Biografía e programa

As frecuentes actuacións nas salas e nos festivais máis prestixiosos do mundo consagran o grupo Florilegium, creado e dirixido polo frautista Ashley Solomon, como un dos ensembles con instrumentos de época máis destacados do momento.

Desde a súa formación en 1991, Florilegium acadou unha excelente reputación coas súas interpretacións cheas de vida e axustadas aos diferentes estilos, desde o período barroco ata a música do primeiro romanticismo. Foron Músicos Residentes do Wigmore Hall de Londres durante tres anos consecutivos. No último deles, o grupo realizou un ciclo de seis concertos para conmemorar os 250 anos da morte de Bach.

Actuou por toda Europa e América do Norte e do Sur, Canadá, China, Hong Kong, Australia, Israel e Turquía. Os seus máis recentes concertos levárono a salas tan importantes como a ópera de Sydney, a Frick Collection de Nova York, o Teatro Colón en Bos Aires, o Concertgebauw de ámsterdam, a Konzerthaus de Viena, a Casa de Beethoven en Bonn, a Casa de Handel en Halle ou o Teatro Grevin en París.

Florilegium é un grupo flexible que fai desde música de cámara ata obras do repertorio orquestral e traballa con algúns dos mellores intérpretes especializados na música antiga como Emma Kirby, Derek Lee Ragin ou Andrew Manze.

O grupo ten dazasete gravacións para a firma holandesa Channel Classics e moitas delas obtiveron premios, incluída unha nominación Gramophone, Editor’s Choice de Gramophone Magazine, Diapasons d’Or e Chocs de la Musique de Francia.

Con máis de cen gravacións que recompilan un amplo e variado repertorio - madrigais do Renacemento italiano e inglés, cantatas e oratorios do Barroco e pezas de Mozart, Haydn ou Bach-, e coas súas colaboracións durante anos con orquestras e ensembles tan respectadas no ámbito da música antiga como o Consorte of Musicke, Florilegium, Academy of Ancient Music, London Baroque, Freiburger Barockorchester, L´Orfeo ou a Orchestra of the Age of Enlightenment, Emma Kirby é unha das máis grandes sopranos do mundo.

En novembro de 2000 foi condecorada coa Orde do Imperio Británico e en abril de 2007 entrou nos dez primeiros postos dunha enquisa realizada pola publicación BBC Music Magazine sobre as mellores sopranos da historia. Aínda que ela non gusta deste tipo de distincións, si considera moi positivo que a xente valore a súa forma de cantar e o seu traballo ao longo dos anos.

Especializado en Purcell, Bach e Händel, Robin Blaze ten unha impresionante actividade concertística que abrangue países de todo o mundo e traballa cos máis distinguidos directores: Gardiner, Hickox, Hogwood, Jacobs, King, Koopman, Kraemer, Leonhardt, McCreesh, Pinnock e Suzuki.

Colabora e grava acotío con The Academy of Ancient Music, Bach Collegium Japan, The English Concert, The Gabrieli Consort, The King’s Consort, Orchestra of the Age of Enlightenment, La Chapelle Royale, Netherlands Radio Philharmonic, Royal Flanders Philharmonic, BBC Philharmonic, The Hallé Orchestra, Royal Philharmonic Orchestra, Scottish Chamber Orchestra, Tafelmusik, Amsterdam Baroque Orchestra e Berlin Philharmonic Orchestra.
Na actualidade é catedrático de Estudos Vocais no Royal College of Music de Londres.

Programa

Parte I (45 min)

Sinfonía en Sol maior para cordas e continuo, RV 146 / Antonio Vivaldi (1678-1741)

Allegro
Andante
Presto

Salve Regina en Fa maior para soprano e cordas, RV 617

Concerto para frauta en Sol maior / Giovanni Battista Pergolesi (1710-1736)

Allegro
Largo
Presto

Salve Regina en Fa menor para contratenor e cordas

Parte II (35 min)

Stabat Mater para soprano, contratenor e cordas / Giovanni Battista Pergolesi (1710-1736)

© 2010 Pórtico do Paraíso - Todos os dereitos reservados - Acceso privado
diseño y programacion: ACV Galaica