CARDUCCI STRING QUARTET
e SARAH WILLIAMSON

Venres 12 de marzo ás 20:30 h. Teatro Principal

Entrada única 5 €

Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 o día anterior e o día do concerto.
Tamén unha hora antes do mesmo.

Biografía e programa

Despois de gañar a International Chamber Music Competition de Kuhmo (Finlandia), o Premio Especial de Comunicación e Cultura 2005 de Bordeos (Francia), o Premio Especial do Xurado da London String Quartet Competition 2006 e o Concert Artists Guild 2007 de Nova York, o Carducci String Quartet é un dos mellores cuartetos de corda de Europa.

En 1997 recibiu a Medalla de Ouro do Carducci Festival de Italia, cidade da que tomou o nome. As continuas actuacións levárono por Francia, Alemaña, Grecia, España, Italia, Portugal, Irlanda, Polonia, Estados Unidos e Xapón.

Carducci String Quartet leva editado sete CD, dous deles en colaboración co dúo de guitarra Katona Twins para a firma Channel Classics. O último, editado por Naxos, recolle os cuartetos de Philip Glass.

Na temporada 2009/2010 ofrecerá uns noventa concertos espallados por todo o mundo, incluíndo países dos cinco continentes e salas da categoría do Carnegie Hall de Nova York, da Biblioteca do Congreso de Washington e do Wigmore Hall de Londres.

Tras o seu paso pola Royal Academy of Music de Londres e o Conservatorio Superior de París, Sarah Williamson gañou o Premio Shell LSO Gerald McDonald e a Medalla Arthur Frederick Bulgin. Foi ademais finalista da BBC Young Musicians Competition 2002 e recibiu o Segundo Premio da Eurovision Competition for Young Musicians en Berlín, coa interpretación do Concerto para clarinete de Copland acompañada da Berlin Radio Symphony Orchestra.

Sara Williamson tocou en Túnez, Emiratos Árabes, Estados Unidos, Irlanda, Francia, España, Portugal, Suíza, Alemaña, Austria, Bélxica e Xapón. Tamén foi solista coa Orchestra of the Swan, BBC Concert Orchestra, BBC Symphony Orchestra, Brighton Philharmonic Orchestra, City of London Sinfonia e Academy of St. Martin in the Fields.

Programa

Parte I (50 min)

Quinteto para clarinete en Si bemol maior, op. 34 / Carl Maria von Weber (1786-1826)

Allegro
Fantasia
Menuetto-Capriccioso Presto
Rondo

Cuarteto de corda nº 6 en Fa menor, op. 80 / Félix Mendelssohn (1809-1847)

Allegro vivace assai
Allegro assai
Adagio
Finale

Parte II (38 min)

Quinteto para clarinete en Si menor, op. 115 / Johannes Brahms (1833-1897)

Allegro
Adagio
Andantino - Presto non assai, ma con sentimento
Con moto

© 2010 Pórtico do Paraíso - Todos os dereitos reservados - Acceso privado
ACV Galaica