Contacto
CALEFAX REED QUINTET
Domingo 14 de marzo ás 19:00 h. Teatro Principal
Entrada única 5 €
Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 o día anterior e o día do concerto.
Tamén
unha hora antes do mesmo.
Biografía e programa
“Seguimos o ritmo cos pés no concerto que deron no Pump Room os Calefax, cinco xeniais tipos holandeses que fixeron que o quinteto de vento nos parecera o mellor formato musical do planeta”.
The Times
O quinteto de vento holandés Calefax Reed Quintet é coñecido polas súas interpretacións virtuosistas e orixinais e polos innovadores programas e concertos espectaculares. Tocan sempre de pé e gustan de interactuar co público, presentándose eles mesmos ou comentando o programa. Ademais os cinco músicos arranxan, recompoñen e interpretan pezas que abranguen oito séculos, desde a música antiga, o Renacemento, o Barroco e o Romanticismo ata o jazz ou estreas mundiais.
O Calefax Reed Quintet posúe o Premio Philip Morris das Artes (1997), o Kersjes van de Groenekan (2001) e o VSCD Classical Music Award de 2005 como mellor interpretación de cámara nos teatros holandeses na temporada 2004/2005. Nos últimos anos colaborou con artistas como o Zapp String Quartet, o pianista Ivo Janssen e a mezzosoprano Cora Burggraaf. Tamén con cantantes e músicos no ámbito do jazz.
A firma discográfica Alemán MDG edita a súa crecente discografía, que xa recibiu reaccións entusiastas da crítica e da prensa especializada internacional.
Ademais de ofrecer concertos na súa Holanda natal, actúa frecuentemente por toda Europa: Reino Unido, Suecia, Rusia, Estonia ou Italia e tamén en países como China ou Xapón, onde realizou a segunda serie de actuacións en novembro de 2009.
Programa
Parte I (35 min)
Le rappel des oiseaux* / Jean-Philippe Rameau (1683-1764)
Allemande
Courante
Gigue en Rondeau I & II
Le rappel des oiseaux
La villageoise
Rigaudon I & II
Musette en rondeau
Tambourin
Libro de glosas / José María Sánchez-Verdú (1968)
Recercada I
Recercada II
Recercada III
Recercada IV
Batalla
Parte II (35 min)
Reeds / Frederic Rzewski (1938)
Rapsodie espagnole* / Maurice Ravel (1875-1937)
Prélude à la nuit
Malaguena
Habanera
Alborada del gracioso
* arr. Raaf Hekkema

Presentación 