Contacto
ALLA FRANCESCA
Martes 9 de marzo ás 20:30 h. Igrexa de Santa María Nai
-Entrada gratuíta-
Biografía e programa

Alla Francesca foi fundado pola soprano Brigitte Lesne e o frautista Pierre Hamon en 1989, cando ambos os dous formaban parte do Ensemble Gilles Binchois. O grupo está especializado en cancións e danzas instrumentais da Idade Media e do Renacemento, cun amplo repertorio que inclúe cancións de trobadores, obras de compositores como Machaut ou Dufay e unha gran variedade de obras do repertorio medieval español e italiano.
Alla Francesca ten a súa base no Centro de Estudos Medievais de París. O número de intérpretes varía desde o trío ata o octeto, segundo o programa, e sempre facendo énfase tanto na parte instrumental (frautas, violíns, arpas, laúdes, percusións) como no estilo vocal axeitado a cada peza e na interpretación de textos poéticos.
No seu continuo labor de investigación, afronta novos retos interpretativos e experimenta con diversas combinacións que fan que a miúdo incorpore aos seus programas a tradición musical clásica e popular de países de Asia, do Norte de áfrica ou do Oriente Próximo. Neste traballo colabora tamén con luthieres e consulta gran cantidade de estudos e tratados musicais.
Alla Francesca ofrece recitais de xeito regular en Francia, pero tamén por toda Europa e no resto do mundo, en países como Australia, Brasil ou Nova Zelanda. Editou varios CD en Opus 111 e Virgin Veritas. Entre os numerosos premios que recibiu destaca o prestixioso Diapason d’Or do ano 2000, concedido ao seu oitavo CD e que o recoñecía como a mellor gravación do ano.
Programa
Parte I (35 min)
Ave donna santissima – Laudes á Virxe
I’ vo’ bene a chi vol bene a me – Ballata, Ghirardello da Firenze
Isabella – Istanpitta
Madonna santa Maria – Laudes á Virxe
Oh Bel Visino – tradicional da Toscana (música Carlo Rizzo) Rota – do Lamento de Tristano
Or piangiamo, che piange Maria – Laudes á Virxe
Gliu pecoraru revota revota – Saltarello
Chominciamento di gioia – Istanpitta
Bella figliola cate chiamme Rosa – Tammurriata, tradicional napolitano
Tarentelles et Salterello – Danzas instrumentais tradicionais
Parte II (35 min)
A chantar m’er de ço qu’eu no volria – Canto de amor, Beatriz Condesa de Die
Celeste tesoro – tradicional sardo
Principio di virtu – Istanpitta
Camini por altas torres – Canto sefardí
A la una yo naci – instrumental sefardí
Un pregón pregonó el rey – Canto sobre o nacemento de Moisés, sefardí
Durme, durme, hermozo hijico
Nani, nani – Canción de berce sefardí
Scalerica de oro y de marfil – Canto nupcial sefardí

Presentación 