Contacto
A organización do Festival Pórtico do Paraíso quere facilitar aos papás e mamás espectadores a súa asistencia aos concertos, polo que poderán deixar os seus fillos e fillas durante a celebración dos mesmos na ludoteca Novolandia (Rúa Concordia, 18, Ourense; Tel.: 677108552 / 670861373).
Este espazo adicado aos nenos abrirá de forma extraordinaria ata as 22:30 os días de concerto, agás o domingo catorce, que non sería necesario.
Os pais interesados nesta actividade só pagarán o 50% da tarifa normal. Para iso deberán presentar na ludoteca Novolandia un bono, selado previamente por unha azafata no descanso do concerto ou tras a súa finalización.

Presentación 